Saturday 11 de May de 2024

Alternativa continuará avanzando na loita contra o feismo en Carral


Unha das numerosos lastres que deixou a xestión do señor Mouriño no Concello son esqueletos urbanísticos. Alternativa dos Veciños seguirá loitando pola erradicación do feismo no municipio para o que xa se mantiveron varias conversas coa SAREB para favorecer o remate das obras incompletas para que aumente a poboación.

“Actualmente atopámonos traballando no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) fomentando a redución das emisións de CO2 e na seguridade e accesibilidade dos espazos Urbanos. Tamén na Auditoría dos Sistemas de Abastecemento para definir políticas aliñadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) para a Axenda 2030”, dixo o alcalde Javier Gestal.